Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia? Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

Outra forma de facer festivais. Ven e vive a experiencia!!
Fest Galicia

Podes escribirnos a comunicacion@festgalicia.gal

Síguenos

Image Alt

Obxectivos

Principais obxectivos

Posicionar os festivais

Crear valor engadido nos festivais galegos e posicionalos como un produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes

Crear un destino musical

Proxectar Galicia como destino musical.

Promocionar os festivais

Promocionar os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade

Poñer en valor a industria

Poñer en valor as industrias culturais e creativas

Vertebrar o territorio

Vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e medioambiental

Informar sobre boas prácticas

Facer visibles as boas prácticas que sirvan como referencia para o sector

Confluír coa estratexia estatal

Confluír coas políticas e estratexias estatais no ámbito do turismo de festivais

Coordinar a Administración

Conectar todos os departamentos da Administración galega relacionados con calquera dos ámbitos que abarca cada festival: turismo, xuventude, igualdade, medioambiente, calidade...

Manter un diálogo co sector

Construír a marca en diálogo permanente co sector

Os 4 piares da estratexia

Sinerxías entre turismo musical e cultural

O turismo musical representa unha oportunidade para un maior desenvolvemento do turismo cultural. Tamén para o posicionamento dos principais festivais de música galegos como axentes xeradores de importantes impactos económicos e sociais no territorio.

Elemento diferencial da oferta turística e cultural de Galicia

Os festivais galegos foron consolidándose e singularizándose. Hoxe están preparados para constituírse como un elemento diferencial da oferta turística e cultural de Galicia. Son diversos, teñen calidade, son creativos, proxectan unha imaxe de modernidade, son integradores e impulsan o crecemento económico do país de forma equilibrada.

Dous grandes piares: talento e paisaxe

O éxito dun festival descansa sobre dous grandes piares. Dunha banda, o talento e a capacidade de risco dos promotores para escoller cartel artístico. Outra parte fundamental do éxito é a paisaxe como gran contedor da experiencia turística. Por iso, é necesario promover produtos ligados a unha imaxe de calidade.

Parámetros de calidade

A marca debe poñer unhas regras de xogo que permitan avanzar no marco duns parámetros de calidade para conquistar o futuro turístico que queremos para Galicia.

Selo de calidade

A nova marca levará parello o desenvolvemento dun manual de boas prácticas en todos os ámbitos (legal, medioambiental, condicións de relación cos artistas e co público… ). Este servirá de guía para todos os festivais que se celebren en Galicia. A través dun distintivo que os recoñeza, este selo vailles dar visibilidade aos grandes eventos musicais galegos. Estes son os que proxectan unha boa imaxe do noso país no exterior e que máis xente mobilizan. O obxectivo é xerar riqueza, ocupación, industria cultural, prestixio e marca.

Impacto

FEST GALICIA pon en marcha estudos de impacto económico, social e mediático nalgúns dos festivais adheridos á marca. A finalidade é obter datos sobre o retorno directo, indirecto e inducido que estes eventos xeran en cada territorio. As medicións serán realizadas por un equipo consultor integrado por varias persoas expertas do ámbito universitario. Terán como resultado un informe de avaliación que servirá como punto de partida para traballar sobre medidas que redunden nos valores de sustentabilidade social e medioambiental que a marca promove.

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar