FEST Galicia 2020
Os festivais profesionais de música de verán que integran a marca FEST Galicia desenvolven entre xullo e setembro de 2020, co apoio do programa ‘FEST Galicia en liña Xacobeo 2021’, concertos online e convocatorias presenciais de formato reducido para cumprir cos protocolos de distanciamento social. Esta temporada son 13 os festivais que se suman á marca.
> Coñece as súas propostas aquí.
Festivais adheridos
Promove:
Actualidade
-
O festival Maré relánzase en Santiago cun novo formato de concertos e foros patrocinado pola Xunta a través de FEST Galicia
O evento, que se traslada á capital de Galicia despois de 15 anos de traxectoria en Pontevedra como ‘Cantos na Maré’, terá lugar do 24 ao 26 de setembro no Hotel NH Collection.
-
Román Rodríguez traslada o apoio da Xunta aos festivais de FEST Galicia co Xacobeo 2021 como oportunidade de impulso
Explicoulles o traballo que se está a facer do Goberno galego e cales son as medidas do Plan de reactivación que se dirixen ao sector musical.
-
Vive Nigrán abre a temporada FEST Galicia 2020, que este verán acolle 13 festivais de música co apoio da Xunta
Os 13 festivais contan cun apoio económico de 400.000 euros por parte Xunta para os concertos e accións que levarán a cabo durante todo o verán.
-
A Xunta pon en marcha ‘Fest Galicia en liña Xacobeo 2021’ no marco do Plan de reactivación do sector cultural
Destínanse 400.000 euros a esta iniciativa, que desenvolverá a partir de xullo concertos 'online' e outra serie de actividades particularizadas e consensuadas con cada unha das citas asociadas á marca.
-
Publicada a convocatoria de adhesión á temporada 2020 de FEST Galicia
Cultura e Turismo aumenta ata os 460.000 euros a cantidade destinada aos contratos cos eventos asociados á marca, que impulsa o turismo musical de calidade e sustentable, ademais de se enmarcar na programación do Xacobeo 2021.
-
O Festival 17º Ribeira Sacra xera un impacto económico de case medio millón de euros no seu territorio
A terceira edición do festival, celebrada en xullo en seis concellos da Ribeira Sacra, rexistrou máis de 3.500 visitas e obtivo unha valoración xeral 8,2 puntos sobre 10.
-
A Xunta apoia o Caudal Fest coas actividades paralelas e o patrocinio dun escenario a través da marca Fest Galicia
A segunda edición do festival desenvolverase en Lugo o 20 e 21 de setembro e será a última cita do calendario de festivais adheridos a Fest Galicia.
-
A Xunta reforza a súa implicación no WOS Festival co patrocinio de FEST Galicia e as axudas a festivais de música
No caso de Fest Galicia, o patrocino económico compleméntase cunha serie de accións de sensibilización social e medioambiental.