Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

WOS Festival keyboards cgac

A Xunta apoia o WOS Festival a través dunha subvención da Agadic e de FEST Galicia

O WOS Festival x SON Estrella Galicia presentou hoxe a programación completa da súa quinta edición, que entre o 12 e o 16 de setembro despregará en Santiago unha ampla oferta musical baseada na música electrónica e experimental e noutras manifestacións artísticas, tamén situadas na vangarda cultural.

wos festival 2018Serán unha trintena de concertos xunto cos programas paralelos de cinema e de charlas, que terán lugar en 11 escenarios da cidade.

O evento compostelán volve contar co apoio da Xunta de Galicia, a través das subvencións a festivais profesionais de música que convoca cada ano a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Ademais, este ano o WOS integrouse na marca Fest Galicia como un dos 10 festivais adheridos a esta nova iniciativa do Goberno autonómico para promover o territorio galego como destino musical de acordo con criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social.

Así o expuxo o director da Agadic, Jacobo Sutil, nesta presentación, que compartiu con Iván Arias, director do festival organizado pola compañía galega Work On Sunday; Ana Isabel Vázquez, directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, e os representantes doutras das institucións e empresas colaboradoras.

‘Outra forma de facer festivais’
Sutil sinalou que, por terceiro ano consecutivo, a Agadic apoia economicamente o WOS, que nesta ocasión é un dos 12 encontros entre os que se distribuíron os 280.000 euros cos que se dotou a última convocatoria de subvencións a festivais de música. Ademais, agradeceulle aos organizadores a súa implicación no proxecto Fest Galicia. “As particularidades deste evento tan especial, que lle engade un plus de vangarda ao actual panorama musical galego e mesmo estatal, encaixa á perfección co lema ‘Outra forma de facer festivais’, co que desde a Xunta estamos a promover a nova marca Fest Galicia”, afirmou.

Explicou, así mesmo, que esta iniciativa, que botou a andar a mediados de xuño tras meses de conversas co sector e logo dunha convocatoria pública, é un proxecto transversal para sumar estratexias e accións de diferentes departamentos da Administración autonómica, de xeito que se reforce o apoio que xa se lles estaba brindado aos festivais mediante a convocatoria de subvencións da Agadic. O obxectivo é promover dentro e fóra de Galicia un tipo de festivais que funcionan de xeito profesional e que se preocupan por achegar valores engadidos á experiencia musical, tanto na súa oferta de actividades como na súa xestión e organización.

Neste sentido, sinalou que o evento da compañía Work On Sunday reúne moitas características para formar parte deste proxecto común. Destacou que se trata dun festival cen por cento urbano e indoor, con 11 puntos de celebración, entre os que se atopan tres espazos da Xunta: a Cidade da Cultura de Galicia, o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego. Tamén subliñou a súa vocación multidisciplinar e a calidade do seu cartel de concertos, con propostas arredor da música electrónica e da investigación sonora que chegarán a Santiago avaladas polo recoñecemento de público e prensa a nivel internacional.

Estreas en Galicia e España
Así por exemplo, o aclamado espectáculo audiovisual Continuum, de Paul Jebanasam e Tarik Barri, e a performance 100 Keyboards, do artista sonoro xaponés Asuna Arashi, presentaranse por primeira vez en Galicia e en España, respectivamente, no marco do festival.

Tamén serán pratos fortes desta programación o dúo The Bug feat. Miss Red, formado polo DJ e produtor británico Kevin Martin e a MC israelí Sharon Stern; a norteamericana Laurel Halo, un dos grandes nomes da electrónica da última década; o artista húngaro Gábor Lázár ou o compositor serbio de drone ambient Abul Mogard, na que será a súa primeira visita a España. Group A, Lucy Railton, CV & JAB, RRUCCULLA, Skee Mask, Kreidler ou Suso Saiz, pioneiro da arte sonora no noso país, son outros dos artistas confirmados para esta quinta edición do WOS Festival.

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar