Maré
O festival Maré, músicas e artes atlánticas, é un acontecemento cultural, artístico, social e profesional para festexar que vivimos nun mundo de talento compartido. De Brasil a Cabo Verde, pasando por Colombia, Mozambique, Cataluña, Angola, Portugal ou Galiza, Maré aposta de xeito decidido pola diversidade, o achegamento e intercambio cultural entre territorios e sociedades que comparten lazos lingüísticos, históricos e outros sentimentais.
17
Edicións celebradas
4939
Seguidores RRSS
3000
Visitas 2018
Galiza como epicentro de conexión cos territorios atlánticos
Maré é unha iniciativa cultural pioneira, cunha singular aposta cultural, social e económica que quere potenciar a creación feminina e da mocidade, a experimentación, a sostibilidade ambiental, as novas linguaxes artísticas e a diversidade, situando a Galiza no centro coma territorio de diálogo intercultural a través da música, o circo, a poesía e outras artes coa vontade de celebrar a diversidade e talento global.
Podes atopar máis información na súa web e redes sociais: