A Xunta apoia o Atlantic Fest con campañas de sensibilización, un estudo de impacto e o escenario Fest Galicia-Xacobeo 21
FEST Galicia contará cun espazo propio para a difusión de programas a prol da igualdade, do uso da lingua galega, do respecto medioambiental e de valores positivos para a mocidade.
Román Rodríguez destaca o carácter internacional do Resurrection Fest ao recibir asistentes de 44 países
O conselleiro de Cultura e Turismo visitou hoxe o festival en Viveiro onde avanzou que o 56% do público procede de fóra de Galicia.
A Xunta difunde en PortAmérica os valores de sustentabilidade e responsabilidade social da súa marca Fest Galicia
Trátase dunha das 12 citas estivais adheridas a esta iniciativa do Goberno galego para promover un turismo sustentable e de calidade.
A segunda temporada de Fest Galicia arranca no Resurrection baixo o lema ‘Festivais que fan camiño’
Para esta nova edición deseñouse un espazo de difusión renovado e versátil, no que se continúa apostando polos materiais reciclados e que disporá de diferentes versións adaptadas a cada un dos festivais.
A Xunta reforza a súa aposta por Fest Galicia, que suma 12 eventos baixo o lema ‘Festivais que fan camiño’
O conselleiro de Cultura falou da importancia dos festivais “para a promoción do turismo musical” e incidiu na importancia do traballo en prol da calidade, sostibilidade e responsabilidade social.
Fest Galicia abre a convocatoria da tempada 2019 para a adhesión de festivais
A esta iniciativa destínanse 350.000 euros, dirixida a festivais profesionais de música que se celebren entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.
Fest Galicia é finalista dos Iberian Festival Awards na categoría de mellor activación de marca
Os gañadores coñeceranse o vindeiro 13 de marzo nunha gala que este ano se celebrará no Teatro Afundación de Vigo.
Román Rodríguez presenta Fest Galicia en Fitur como estratexia para fomentar o turismo musical a través de festivais sustentables
En 2019 realizaranse novas accións de sensibilización a prol da igualdade e a diversidade e o intercambio de artistas entre territorios.
Román Rodríguez subliña Culturgal como reflexo do traballo compartido pola Xunta e o sector a prol da industria cultural
Entre as iniciativas máis destacadas sitúase a creación e lanzamento da marca Fest Galicia.
Os 10 festivais de música da marca FEST Galicia suman preto de 200.000 asistentes
PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz e WOS Festival foron os 10 eventos asociados a esta 1ª temporada de Fest Galicia.