Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

Fest Galicia

adhesion convocatoria Fest Galicia 2021

A Xunta abre o prazo de adhesión a FEST Galicia 2021 cun incremento de ata 500.000 euros en patrocinios

  A Consellería de Cultura, Educación e Universidade aumenta un 25% a dotación destinada o pasado ano aos principais festivais galegos de música asociados á marca

  O apoio a este tipo de eventos ascenderá aos 840.000 euros, xa que tamén se retoma con 340.000 euros a liña de subvencións específica que fora suspendida o ano pasado por mor da pandemia

  O DOG publica a resolución da Agadic para a realización de contratos coas empresa promotoras de festivais considerados estratéxicos que se celebren ata o 31 de outubro deste ano

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria dirixida a festivais profesionais de música galegos para a súa adhesión á cuarta temporada da marca FEST Galicia, á que este ano a Xunta destina 500.000 euros, un 25% máis respecto a 2020. Co actual incremento, refórzase este programa de apoio, que se materializará a través de contratos de patrocinio publicitario coas empresas promotoras e coobxectivo de crear valor engadido neste tipo de eventos para fortalecer a súa posición como produtos culturais e turísticos.

A continuidade de FEST Galicia, que naceu co propósito principal de promover a industria cultural galega, permitirá avanzar na proxección de Galicia como destino musical, na posta en valor das nosas industrias culturais e creativas, na vertebración do territorio desde a sustentabilidade social e medioambiental,e na adopción de boas prácticas que sirvan como referencia ao sector.

Ademais de FEST Galicia, a Xunta retomou este ano a convocatoria específica de subvencións a festivais de música, que fora suspendida en 2020 por mor da pandemia sanitaria. Esta liña de axudas xestionada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) está nestes momentos en proceso de adxudicación e distribuirá outros 340.000 nestes encontros, polo que a inversión total polas dúas canles de sitúase nos 840.000 euros.

Retorno mediático para Galicia e o Xacobeo

FEST Galicia 2021, que forma parte do convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo de Galicia para a programación cultural do Xacobeo 21-22, vai dirixida a empresas privadas organizadoras de festivais de música, coas que se asinarán contratos de patrocinio privado da actividade que desenvolven. Tense en conta para isto a súa importancia e relevancia en canto ao públicoparticipante e a súa repercusión nos medios de comunicación, polo que se valora a súa gran relevancia e o retorno publicitario, tanto para a marca galega de festivais como para a difusión do Xacobeo Galicia 21-22.

 

Fest Galicia convocatoria 2021 slider 3 opt

Concerto celebrado no Vive Nigrán / Foto cedida polo festival

Entre os requisitos que deben reunir os festivais para formar parte de FEST Galicia 2021, están o de ter que celebrarse ata o 31 de outubro de 2021,  ter realizado con anterioridade dúas edicións, que tiveran un orzamento superior aos 100.000 euros na edición de 2019, que programen dous artistas por día durante, cando menos, dous días consecutivos, que inclúan un mínimo de tres artistas galegos, que o 95% da súa capacidade sexa cuberta por medio de entradas postas á venda ao público xeral, que implanten algunha medida fronte a posibles impactos medioambientais ou que dispoñan dun plan de igualdade e sustentabilidade.

Na convocatoria deste ano, ademais, estipúlase a obrigatoriedade de aplicación de todas as medidas en materia de seguridade e saúde indicadas nos protocolos sanitarios anti-covid vixentes no momento da celebración do festival. Neste sentido, o pasado venres a Consellería de Sanidade publicou os últimos protocolos actualizados aos que deben acollerse estes eventos, con distintas medidas e capacidades segundo se leven acabo en espazos abertos ou pechados.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento: CT302A) nun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do 15 de xuño, isto é, ata o 5 de xullo.

En 2019 presentáronse baixo esta marca 12 citas musicais das catro provincias: PortAmérica (Caldas de Reis), ResurrectionFest (Viveiro), AtlanticFest (A Illa de Arousa), Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia (Illa de San Simón, Redondela), 17º Ribeira Sacra (Monforte de Lemos, Sober, castro Caldelas. Ribas de Sil e Nogueira de Ramuín), SonRías Baixas (Bueu), Revenidas (Vilagarcía de Arousa), Cantos na Maré (Pontevedra), Festival de la Luz (Boimorto), Caudal Fest (Lugo) e WOS Festival (Santiago de Compostela). En 2020, debido ás especiais condicións sanitarias, foron 11 os eventos finalmente asociados, xa que non se integraron en FEST Galicia PortAmérica nin Caudal Fest, mais, pola contra, se incorporou por vez primeira o Underfest de Vigo.

Convocatoria no DOG (pdf, 1.034 Kb)
-Procedemento na Sede Electrónica (Código CT302A)

📸 Foto destacada: concerto de Villanueva no Vive Nigrán 2020. Foto cedida polo festival.

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar