¿Qué es Fest Galicia?

Es otra forma de hacer festivales. ¿Quieres conocer esta nueva manera de vivir la experiencia? Descubre la marca Fest Galicia

Evently

Séguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

Fest Galicia

A Xunta abre o prazo de adhesión a FEST Galicia 2022

  • O DOG publicou as bases desta convocatoria, a través da que se distribuirán 220.000 euros entre eventos que se desenvolvan entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.
  • Complementa o apoio do Goberno galego á reactivación do sector con iniciativas como a liña anual de subvencións da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ou o programa ConcertosdoXacobeo.gal
  • As solicitudes poderán formalizarse entre o 4 e o 22 de xullo

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia as bases para a adhesión de festivais de música á quinta temporada da marca FEST Galicia para a promoción da nosa Comunidade como destino musical. Este programa de apoio conta cunha dotación de 220.000 euros para contratos de patrocinio con empresas promotoras de eventos musicais que se desenvolvan entre o 1 de xullo e o 30 de setembro deste ano.

Con esta convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade dálle continuidade a unha iniciativa que naceu co propósito de promover a industria cultural galega, acollendo festivais que funcionan de xeito profesional e se preocupan de lle achegar valores engadidos á experiencia musical. Con esta marca, búscase tamén poñer en valor a capacidade destes encontros para atraer visitantes e avanzar na proxección de Galicia como destino musical de calidade, na vertebración do territorio desde a sustentabilidade social e medioambiental, e na adopción de boas prácticas que sirvan como referencia ao sector.

FEST Galicia súmase este ano a outras iniciativas a través das que a Xunta está a contribuír á reactivación do circuíto galego de festivais de música nos seus formatos habituais, como o programa especial do Xacobeo 21-22 ConcertosdoXacobeo.gal ou a convocatoria anual de subvencións do departamento de Industrias Culturais, que acaba de adxudicar 350.000 euros a 21 citas musicais de toda Galicia.

Eventos consolidados e estratéxicos
Como en convocatorias anteriores, a adhesión a FEST Galicia 2022 materializarase a través da sinatura de contratos de patrocinio para a celebración de festivais consolidados e considerados estratéxicos no seu ámbito. Tense en conta para isto a súa relevancia en canto a público asistente e a súa repercusión nos medios de comunicación, polo que se valora tamén o seu retorno publicitario tanto para a propia marca como para a difusión do Xacobeo 21-22.

Poderán adherirse a esta quinta temporada aqueles festivais que xa formaran parte da marca no ano anterior, que programen un mínimo de cinco artistas por día, con presenza de artistas galegos, durante cando menos dúas xornadas consecutivas, que o 95% da súa capacidade sexa cuberta por medio de entradas de pago e que dispoñan dun plan de sustentabilidade con accións nos ámbitos social (igualdade, diversidade, inclusión e accesibilidade, promoción da lingua etc.), medioambiental e económico.

Finalmente, os festivais deben dispoñer dun plan de sustentabilidade que inclúa accións en medidas nos ámbitos social (igualdade de xénero e diversidade, inclusión e accesibilidade, uso da lingua galega, etc.), ambiental (redución de residuos, mellora da xestión da enerxía, etc.) e económico (colaboración con entidades e grupos locais).

Prazo de solicitudes

As solicitudes de adhesión para a convocatoria de 2022 poderán formalizarse entre o 4 e o 22 de xullo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Marca Fest Galicia

En 2021 presentáronse baixo esta marca 14 citas musicais das catro provincias: PortAmérica (Portas), ResurrectionFest (Viveiro), AtlanticFest (Vilagarcía de Arousa), Vive Nigrán (Nigrán), Sinsal SON Estrella Galicia (Illa de San Simón, Redondela), 17º Ribeira Sacra (diferentes municipios), SonRías Baixas (Bueu), Revenidas (Vilagarcía de Arousa), Maré Compostela (Santiago), Festival de la Luz (Boimorto), Caudal Fest (Lugo), WOS Festival (Santiago de Compostela), Underfest (Vigo) e Vilablues (Noia).

Convocatoria no DOG

Procedemento na Sede Electrónica

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar