Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

Presentacion temporada Fest Galicia 2019 na Cidade da Cultura

A Xunta reforza a súa aposta por Fest Galicia, que suma 12 eventos baixo o lema ‘Festivais que fan camiño’

O calendario Fest Galicia 2019 desenvolverase entre os meses de xullo e setembro nos 12 festivais adheridos á segunda temporada desta iniciativa da Xunta, que este ano se vincula estreitamente ao Xacobeo 21 baixo o lema Festivais que fan camiño. Refórzase así a aposta por esta marca, impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración con outros departamentos autonómicos, como vía de apoio a festivais considerados estratéxicos para a promoción do turismo musical de acordo con criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social.

Nesta idea incidiu o conselleiro Román Rodríguez durante a presentación desta segunda edición, á que se incorporan Cantos na Maré de Pontevedra e Caudal Fest de Lugo xunto aos 10 eventos que xa participaran na experiencia piloto do ano pasado: PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz e WOS Festival. En todos eles, a Xunta organizará novas campañas de concienciación a prol da igualdade e da prevención da violencia, do uso do galego, do respecto medioambiental ou do fomento de valores positivos para a xuventude, que terán o seu epicentro nun renovado stand da marca, ao tempo que avanzará na medición do impacto económico e social dos festivais.

Plan transversal

Estas accións foron detalladas polo conselleiro de Cultura e Turismo e polas responsables do resto dos departamentos implicados de xeito transversal en Fest Galicia: Susana López Abella, secretaria xeral da Igualdade; Cruz Ferreira Costa, directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático; e Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Asistiron, así mesmo, os representantes dos festivais adheridos á marca, en nome dos que interviron Kin Martínez, director de PortAmérica, e Luis Campos, Codirector de Sinsal.

Para o acto, que se celebrou este mediodía na Cidade da Cultura de Galicia, contouse tamén coa achega musical de Los Jinetes del Trópico, banda galega que este verán actuará no Atlantic Fest e no Revenidas como un dos grupos gañadores do concurso Sonidos Mans que organiza a Fundación Paideia Galiza en colaboración coa Agadic.

Tras facer un balance moi positivo da primeira edición de Fest Galicia, cunha ampla e moi participativa resposta do público dos festivais ás diferentes accións impulsadas, Román Rodríguez asegurou que as 12 citas asociadas este ano son moi diferentes en canto a formatos e propostas musicais, “pero todas teñen en común a aposta pola calidade, a singularidade e a sustentabilidade, que son á súa vez tres das claves da marca”.

A través dela, os festivais obteñen un apoio económico adicional ás subvencións específicas que o Goberno galego convoca cada ano para eles. En concreto, como explicou o conselleiro, este ano a convocatoria de adhesión a Fest Galicia dotouse con 350.000 euros para contratos de patrocinio coas empresas organizadoras dos eventos.

Sensibilización contra a violencia sexual

Nesta contía inclúese a achega da Secretaría Xeral da Igualdade para as accións relacionadas coa difusión da súa campaña Agresión Off. Eu digo non á violencia sexual, á que fixo referencia Susana López Abella. Trátase de facer chegar as persoas asistentes aos festivais galegos material informativo de sensibilización e concienciación contra a violencia sexual e as agresións sexuais. López Abella quixo lembrar a o utilidade da aplicación Agresión OFF, unha ferramenta institucional, da Xunta de Galicia, con información útil e consellos para evitar e prever agresións sexuais, así como pautas para saber a onde dirixirse para maior apoio e información.

Recuperación e reciclaxe de residuos

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, salientou que o departamento de Medio Ambiente non se pode quedar á marxe deste tipo de eventos e apoia as medidas para a recuperación e a reciclaxe de residuos vinculados aos grandes eventos, en particular, aos festivais. Así, en colaboración coas entidades responsables da xestión de residuos, instálanse contedores para a separación dos residuos e desenvólvense actividades de concienciación.

Información para a mocidade

Respecto ás accións especialmente dirixidas á xuventude, Cristina Pichel explicou que se realizará unha actividade lúdico-formativa a través dunha ruleta con preguntas sobre Galicia en diferentes disciplinas. A medida que os participantes vaian acertando preguntas conseguirán diferentes premios como pulseiras, camisetas ou bolsas de tela. O persoal da Rede Galega de Dinamización Xuvenil será o encargado de desenvolver este xogo, ao tempo que ofrecerá información sobre os diferentes programas para a mocidade da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

O galego volve crear ambiente

A Secretaría Xeral de Política Lingüística impulsará a campaña O galego crea ambiente, que ten como obxectivo dinamizar o uso da lingua galega nos festivais do verán apoiados desde a Xunta de Galicia, no marco das accións de desenvolvemento do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo.

O obxectivo desta campaña que tamén estará presente na internet é, por unha banda, crear consciencia do necesario que é que a xente nova se implique en causas xustas e, dalgún xeito, relacionadas entre si, como o coidado do medio e o uso da lingua galega e, por outra, animar a mozos e mozas a participar nun divertido concurso arredor da lingua galega no que poderán facerse con camisolas, gorras, bolsos etc. e optar a gañar unha bicicleta eléctrica ao remate da tempada de festivais.

No apartado das industrias culturais, este ano avanzarase na realización de estudos de medición do impacto económico e social dos festivais, que arrancou en 2018 cos informes sobre PortAmérica, Resurrection, Sinsal, SonRías Baixas e Revenidas promovidos pola Agadic en colaboración coa Universidade de Santiago. Desta volta, analizarase a repercusión de Atlantic Fest, Vive Nigrán, 17º Ribeira Sacra, Festival de la Luz, WOS Festival e Caudal Fest, comezando coa recollida de datos a través de enquisas directas aos asistentes a estas citas.

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar