Sinsal SON EG
É un dos festivais máis singulares de Europa, celebrado na Illa de San Simón (Redondela), aínda que en 2020 tamén tivo lugar en Vigo e Oia. Desenvólvese durante o día e o público só pode acceder ao festival nos barcos que saen desde Vigo e Meirande.
18
Edicións celebradas
20944
Seguidores RRSS
3054
Visitas 2018
Carácter intimista
Ao festival só poden acceder unhas 800 persoas por xornada, un rasgo que o fai moi especial en comparación con outros. A isto súmase unha contorna considerada como ben de interese cultural.
Podes atopar máis información na súa web e redes sociais: