Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

atlantic fest escenario

A marca Fest Galicia da Xunta apoia a celebración do Atlantic Fest

O Atlantic Fest presentou hoxe a súa terceira edición, que se celebrará na Illa de Arousa do 20 ao 22 de xullo co apoio da Xunta, mediante unha subvención da Agadic e distintas accións desenvolvidas a través de Fest Galicia, a marca creada para promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social.

Así o explicou o director da Agadic, Jacobo Sutil, na rolda de prensa que tivo lugar hoxe no Edificio de Usos Náuticos da illa e na que participaron tamén, ademais de Antonio Caneda (codirector do Atlantic Fest xunto con Susana Laya), representantes do resto de institucións e firmas comerciais que colaboran co evento.

atlantic fest stand fest galiciaJacobo Sutil especificou que o festival recibirá este ano unha cantidade próxima aos 30.000 euros das subvencións da Agadic e que entra deste xeito por primeira vez na listaxe de adxudicatarios ao cumprir este ano a súa terceira edición, requisito imprescindible para acceder a estas axudas, dotadas cun total de 280.000 euros e das que se benefician outros 11 grandes eventos musicais galegos. Referiuse tamén aos apoios complementarios que o Atlantic Fest terá por se adherir a FEST Galicia.

 

Valores engadidos á experiencia musical
O director da Agadic expresou que, nesta primeira campaña, están asociados a Fest Galicia 10 festivais de verán que funcionan de xeito profesional e que se preocupan por achegarlle valores engadidos á experiencia musical, tanto na súa oferta de actividades como na súa xestión e organización.

Neste sentido, dixo que a marca terá presenza nos eventos adheridos a través dun espazo propio de difusión e sensibilización, así como de campañas, accións e liñas de traballo en diferentes ámbitos, adaptadas especificamente a cada un destes encontros e coa colaboración directa doutros departamentos da Xunta, como a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Secretaría Xeral da Igualdade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Turismo de Galicia ou a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Comunicar coa mocidade
En concreto, Fest Galicia estará presente no Atlantic Fest cunha serie de accións transversais enfocadas a promover a sostibilidade social e ambiental. Así mesmo, a marca dá soporte aos autobuses que ofrece o festival para reforzar a aposta polo transporte público como mellor opción de mobilidade para acudir ao evento. O ámbito da igualdade centra tamén varias das iniciativas da primeira tempada Fest Galicia, que apoia tanto a programación musical planificada con perspectiva de xénero como a incorporación de mulleres nos equipos de traballo, ademais de actividades en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade enmarcadas na campaña AgresiónOff: Eu digo non á violencia sexual. Dentro do espazo FEST Galicia, persoas expertas estarán informando sobre como actuar ou a quen acudir en caso de agresións mediante a través da difusión dun decálogo contra a violencia sexual.

No Atlantic Fest difundirase tamén a campaña O galego crea ambiente en colaboración coa Secretaría Xeral de Poltítica Lingüística co obxectivo de dinamizar a lingua galega na mocidade, sensibilizando e fomentando unha actitude respectuosa. Esta campaña entronca medio ambiente con lingua como valores patrimoniais imprescindibles que é necesario coñecer e valorar. Neste marco, o venres 20 entre as 18,00 e as 20,30 h., un responsable técnico dará a coñecer o Plan de Dinamización da Lingua Galega e realizará entrevistas para a achega de ideas. O comunicador Víctor Grande estará a cargo desta actividade e gravará vídeos selfies coas achegas das mozas e mozos.

Christina Rosenvinge no escenario Fest Galicia
A Xunta de Galicia patrocina  tamén a través da marca a unha das liñas de programación do festival a través do escenario Fest Galicia, polo que pasarán bandas nas que algunha ou a totalidade da formación é feminina. O festival comprométese así a aplicar criterios de igualdade no seu cartel.

Neste escenario actuarán Christina Rosenvinge, La Plata, The Niftys, Bifannah, Eva a Xabi B ou Mushu, que se sumarán así á extensa carteleira do festival, na que se inclúen nomes da música internacional e galega como Kaiser Chiefs, The Vacines, Iván Ferreiro, La Casa Azul, Rodrigo Amarante, Iceage, Young Beef, Caxade, Alto Volta, Jay, Papaya, Presumido, Maneida, Soledad Vélez, D’Valentina, Rayotaser ou María Arnal i Marcel Bagés, entre outros. 

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar