Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

Fest Galicia, a orixe da marca

A marca Fest Galicia naceu da necesidade de crear un sentimento de pertenza e participación a algo máis grande que un grupo de festivais ou concertos. En concreto, tiña que transmitir unha serie de atributos, que son os que conforman o núcleo da marca. Esese elementos son os seguintes: sostibilidade, diferenciación, calidade, igualdade, aposta polas industrias culturais, aposta polo territorio, contratación digna para os/as artistas e o compromiso social.

Tendo en conta isto, elaborouse un símbolo que pretende representar o espíritu que se desexa para os festivais. A partir dunha tipografía Sans Serif en maiúsculas, creouse un lettering coa palabra FEST, que expresa o movemento e a diversidade característicos dos festivais.

A cor verde asóciase á sáude e ao equilibrio, á velocidade, á valentía e á diversión. Diversos estudos coinciden en que o verde ten unha resposta emocional positiva entre os mozos e mozas

Por outra banda, deseñáronse diferentes elementos xeométricos para completar a contrución da marca dinámica. Esta evolución dependerá dos diferentes usos e aplicacións que se fagan.
Deste xeito a marca deixa a liberdade de multiplicarse e crecer sen perder identidade, como os propios festivais e a música que se escoita neles, sempre viva e en movemento.
En canto á cor, optouse pola cor verde, tendo tamén en conta o que se queria transmitir: sustentabilidade, ecoloxía e territorio… Galicia é verde e azul. Porén, neste caso, para facer máis fincapé no caracter ecolóxico e de diversidade musical, o verde limón cumpre perfectamente esa necesidade. O verde asóciase á saúde e ao equilibrio, á velocidade, á valentía, á diversión. De feito, diversos estudos coinciden en que o verde ten unha resposta emocional positiva entre o público mozo.

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar