Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

jacobo sutil agadic fest galicia atlantic fest 2019

A Xunta apoia o Atlantic Fest con campañas de sensibilización, un estudo de impacto e o escenario Fest Galicia-Xacobeo 21

 O Atlantic Fest presentou hoxe a súa cuarta edición, que se celebra na Illa de Arousa do 26 ao 28 e xullo e que volve contar co patrocinio da Xunta como un dos 12 encontros adheridos á segunda temporada de FEST Galicia, a marca creada pola Administración autonómica para promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, acompañou ao alcalde da Illa de Arousa, Carlos Iglesias; o codirector do Atlantic Fest Antonio Caneda, e os representantes do resto das entidades patrocinadoras e colaboradoras neste acto celebrado no Faro de Punta Cabalo. Alí explicou as medidas de apoio os festivais desta iniciativa transversal, que este ano se presenta baixo o lema Festivais que fan camiño, ademais de contar “cun espazo propio de difusión, renovado e versátil, que funciona como epicentro dunha serie de actividades e campañas de concienciación social e medioambiental”.

Tamén adiantou que a marca da Xunta lle dará soporte ao escenario principal do evento, o FEST Galicia-Xacobeo 21, onde tocarán os cabezas de cartel desta edición: Love of Lesbian, Los Planetas, Dorian, Nacho Vegas, Marlon Williams, La Bien Querida e Betacam.

Iniciativa transversal

Na súa intervención, o responsable da Agadic detallou as accións de sensibilización, que no caso de Fest Galicia serán impulsadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Secretaría Xeral da Igualdade, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Consellería de Cultura e Turismo, que coordina esta iniciativa.

En concreto, o espazo FEST Galicia albergará un punto informativo de Medio Ambiente, no que persoal especializado lles transmitirá aos asistentes a importancia de adoptar un comportamento ecoconsciente durante todo o festival. Neste sentido, elaborouse un Manual de eventos sustentables no que se reflicten medidas para ter en conta a Axenda 2030 e os seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable: fomento do uso do transporte público e compartido, consumo de produtos alimenticios locais, ecolóxicos e de comercio xusto, e optimización do uso de auga e enerxía, reducindo o consumo eléctrico e promovendo a utilización de enerxías alternativas. Por outra banda e en colaboración coas entidades xestoras da recollida de residuos, xestionarase o servizo de contedores para a separación de residuos durante as datas de celebración do festival.

Igualdade

O ámbito da igualdade centra tamén varias das accións de FEST Galicia, que apoia tanto a programación musical planificada con perspectiva de xénero como a incorporación de mulleres nos equipos de traballo, ademais de difundir a campaña AgresiónOff: Eu digo non á violencia sexual da Secretaría Xeral da Igualdade.

Persoal formado neste ámbito difundirá o Decálogo contra a violencia sexual: dez cousas que tes que saber para informar sobre como actuar en caso de agresións, ao tempo que se instalarán tótems en zonas visibles do festival coas mensaxes da campaña. O espazo FEST Galicia acollerá, así mesmo, o obradoiro Machismos Off co fin identificar condutas machistas, que se asumen como habituais, para facelas visibles como primeiro paso para loitar contra elas. Os participantes poderán comentalas a través das súas redes sociais coas etiquetas #MachismosOFF e #FestGalicia2019.

Accións para a mocidade

O uso da lingua é outro dos ámbitos nos que FEST Galicia segue a traballar nesta edición en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O obxectivo é convidar a xuventude a se relacionar de xeito responsable co medio e a facelo en galego. Con este fin, o comunicador Víctor Grande estará no stand para animar as mozas e mozos a que acheguen as súas ideas sobre actuacións de dinamización do uso da lingua galega. Ao tempo, desenvolverase o concurso ‘Pasa a palabra’, no que ademais de divertirse e adiviñar verbas en galego, os participantes teñen a oportunidade de facerse con sombreiros e bolsas festivaleiras, así como de optaren a gañar unha bicicleta eléctrica, que se sorteará entre todas as persoas gañadoras de cadanseu festival ao final da temporada.

Outra das actividades que terán lugar no espazo da Xunta focalízase igualmente na mocidade, grazas á implicación da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Trátase dunha acción lúdico-formativa na que se fan preguntas sobre Galicia en diferentes disciplinas marcadas nunha ruleta. A medida que as persoas participantes vaian acertando as respostas, conseguirán premios como pulseiras, camisetas ou bolsas de tea. O persoal da Rede Galega de Dinamización Xuvenil é o encargado de desenvolver este xogo, ao tempo que ofrecerá información sobre os diferentes programas da Dirección Xeral.

Pulseiras ‘cashless’ e estudos de impacto

FEST Galicia é, así mesmo, a marca patrocinadora das pulseiras cashless do festival, que permiten tanto o acceso ao recinto como o pago nos puntos de comida, bebida e merchandising. Esta pulseiras incorporan igualmente o control de aforo continuo a través da tecnoloxía RDIF, que ofrecerá datos para o control da seguridade do evento e para analizar parte do seu impacto.

A devandita información complementará os resultados obtidos polo equipo de traballo encargado do estudo de avaliación do impacto económico e social do festival, co que se lle dará continuidade á elaboración deste tipo de informes por parte da Agadic, en colaboración coa Universidade de Santiago, como punto de partida para o deseño de novas medidas que redunden nos valores que FEST Galicia. O ano pasado leváronse a cabo os do Resurrection Fest, PortAmértica, Sinsal Son Estrella Galicia, SonRías Baixas e Revenidas, aos que este ano se suman os de Atlantic Fest, 17º Ribeira Sacra, Vive Nigrán, Festival de la Luz, Wos Festival e Caudal Fest. 

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar