A Xunta apoia o Caudal Fest coas actividades paralelas e o patrocinio dun escenario a través da marca Fest Galicia
A segunda edición do festival desenvolverase en Lugo o 20 e 21 de setembro e será a última cita do calendario de festivais adheridos a Fest Galicia.
A Xunta reforza a súa implicación no WOS Festival co patrocinio de FEST Galicia e as axudas a festivais de música
No caso de Fest Galicia, o patrocino económico compleméntase cunha serie de accións de sensibilización social e medioambiental.
A Xunta contribúe á celebración do 15º aniversario de Cantos na Maré que se incorpora a marca Fest Galicia
Mediante FEST Galicia tamén se lle dará soporte ás pulseiras de acceso e ao escenario principal, onde actuarán Mayra Andrade e as integrantes do proxecto Enredadas.
O Atlantic Fest xera un impacto económico de 1,7 millóns na comarca de Arousa
O festival contou con máis de 9.000 visitas (unhas 5.300 persoas diferentes) nesta cuarta edición, das que un 18% procedían de fóra de Galicia.
Fest Galicia cifra en 600.000 euros o impacto económico do festival Vive Nigrán na comarca de Vigo
A terceira edición do evento rexistrou unhas 4300 visitas durante os seus dous días de celebración en Praia América.
Cultura e Turismo contribúe á oitava edición do Festival de la Luz mediante a subvención a festivais e o patrocinio de FEST Galicia
O director xeral de Políticas Culturais participou na presentación deste nova edición do evento, que terá lugar en Boimorto do 6 ao 8 de setembro.
O Revenidas de Vilaxoán volve contar co apoio da Xunta a través de FEST Galicia e das subvencións a festivais de música
Jacobo Sutil participou hoxe na presentación da súa 16ª edición, que resultou adxudicataria de preto de 27.000 euros na última convocatoria de axudas da Agadic.
A Xunta cofinancia o festival Sinsal cunha subvención de Cultura e Turismo e co patrocinio da marca FEST Galicia
FEST Galicia contará en San Simón cun espazo propio de difusión, renovado e versátil, que funciona como epicentro dunha serie de actividades e campañas de concienciación social e medioambiental.
A Xunta apoia o SonRías Baixas de Bueu mediante as subvencións a festivais e o patrocinio da marca Fest Galicia
Fest Galicia contará cun espazo para a difusión de programas a prol da igualdade, do galego, do respecto medioambiental e de valores positivos para a mocidade e dará soporte ás pulseiras ‘cashless’.
Fest Galicia apoia o 17º Ribeira Sacra con actividades de concienciación, un estudo de impacto e o patrocinio dun escenario
Do 18 ao 20 de xullo haberá concertos e actividades en Monforte de Lemos, Sober e Chantada; e os días 26 e 27 o festival terá escenarios en Castro Caldelas, Ribas de Sil e Nogueira de Ramuín.