Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

Presentacion Festival de la Luz 2019 Fest Galicia

Cultura e Turismo contribúe á oitava edición do Festival de la Luz mediante a subvención a festivais e o patrocinio de FEST Galicia

O Festival de la Luz desvelou hoxe o cartel completo e as principais novidades da súa oitava edición, que terá lugar en Boimorto do 6 ao 8 de setembro con Celtas Cortos, Luz Casal, Rayden, Kitai, Cepeda e a Orquestra Mondragón como cabezas de cartel. Un ano máis, a Xunta de Galicia contribuirá ao desenvolvemento desta cita musical mediante as subvencións a festivais de música, que a Consellería de Cultura e Turismo convoca cada ano a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e o patrocinio da súa marca FEST Galicia.

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, detallou esta colaboración no acto de presentación que tivo lugar este mediodía no Espazo Mahou da Coruña, no que participou xunto aos representantes da organización, encabezada pola promotora Zircozine, e do resto de entidades implicadas nesta nova entrega do festival.

En concreto, o Festival de la Luz é o adxudicatario dunha subvención de 26.700 euros a través da última convocatoria de axudas da Agadic a festivais de música, dotada con 340.000 euros e da que resultaron beneficiarios outros 15 eventos.

Así mesmo, a Xunta patrocina o encontro como un dos 12 festivais asociados á segunda temporada da súa marca FEST Galicia, unha iniciativa transversal da Administración autonómica que botou a andar o pasado verán co obxectivo de promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de igualdade, calidade, sustentabilidade e responsabilidade social.

Para Anxo M. Lorenzo, a cita de Boimorto exemplifica tanto estes valores como os bos resultados do binomio cultura-turismo que busca impulsar a Consellería. Segundo o director xeral, a súa relevancia baséase tanto no cartel musical como nas actividades complementarias, ademais de na súa situación na Galicia rural e interior, na súa conexión coa figura de Luz Casal como impulsora do evento e na súa compoñente solidaria e de visibilidade de causas sociais.

FEST Galicia contará en Boimorto cun espazo de promoción propio, que funcionará de epicentro para a difusión de diferentes campañas de concienciación social e medioambiental impulsadas a través da Consellería do Medio Rural, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería de Política Social, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Cultura e Turismo, que coordina todas as accións.

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar