Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

Fest Galicia

Rolda de prensa festival Mare Compostela 2020

O festival Maré relánzase en Santiago cun novo formato de concertos e foros patrocinado pola Xunta a través de FEST Galicia

O festival Cantos na Maré inicia unha nova etapa en Santiago de Compostela renomeado como Maré-Músicas e Artes Atlánticas, cun formato que engadirá foros profesioanis e de emprendemento cultural, citas audiovisuais e gastronomía aos concertos de artistas vencellados cos territorios de fala galego-portuguesa, seña de identidade do evento.A produtora galega Nordesía, organizadora do Maré, adiantou hoxe todos os contidos do encontro nun acto celebrado no Hotel NH Collection, onde terán lugar a maior parte das actividades do festival entre o 24 e o 26 de setembro.

Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, participou nesta presentación, na que expresou que o apoio aos festivais de música, como importantes motores culturais e económicos, é un obxectivo prioritario da Xunta de Galicia.

Sutil explicou que o novo Maré está integrado na marca FEST Galicia xunto a outros 12 eventos que contan este ano cun patrocinio especial do Goberno galego, e recoñeceulles aos promotores do festival a súa capacidade de adaptación e de seguir evolucionando cara a novas fórmulas para se constituír nunha cita obrigada para público e profesionais, sen perder a fidelidade ao seu espírito de irmandade coa lusofonía a través da lingua e da música compartidas.

Novos apartados e MaréFest

O festival artículase este ano nas seccións MaréLab, un espazo de investigación para apoiar o crecemento da economía creativa; MaréNet, para situar Compostela como referencia do negocio das industrais culturais; CineMaré, cunha carteleira audiovisual procedente das culturas atlánticas; GastroMaré, un encontro entre cociñeiros e música para descubrir novos sabores e produtos; e MaréTV, o apartado audiovisual da plataforma de música Tolemias, desde a que se poderán seguir, ademais, moitas actividades do festival en streaming. Así mesmo, intégranse este ano a entrega dos premios da música e da poesía galego-portuguesa aRi[t]mar.

Baixo a dirección artística da cantante Uxía, a carteleira de concertos agrúpase baixo o epígrafe MaréFest, e pretende ser un foco de intercambio artístico e creativo, propoñendo a artistas e público ir máis alá da simple suma de actuacións. Todas as citas serán no Hotel NH. O 24 de setembro, Toty Sa’MED, A Pedreira e Pierre-Yves Rougier; o sábado 25 estarán LaBaq, Faia, Nacho Muñoz e LAR Legido; en tanto que o día 26 terá lugar a gala Cantos na Maré, coa participación de António Zambujo, Sabela, Miguel Araújo e Bifannah.

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar