Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Séguenos en

1010 Avenue of the Moon, New York, NY 10018 US

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

O Vilablues de Noia adhírese a Fest Galicia, a marca da Xunta que xa suma 14 festivais

  • Patrocínanse no marco do Xacobeo 21-22 as novas edicións de Atlantic Fest, 17º Ribeira Sacra Festival, Vive Nigrán, Sinsal, SonRías Baixas, Resurrection Fest, Festival de la Luz, WOS Festival, Revenidas, Caudal Fest, Maré Compostela, Underfest, PortAmérica e Vilablues.
  • Unha vez rematados os festivais dá época estival coa celebración do Caudal Fest en Lugo, no marco de Fest Galicia 2021 terán lugar os eventos de outono: Maré Compostela (do 23 ao 26 de setembro), PortAmérica (1 e 2 de outubro), Vilablues (do 1 ao 3 de outubro) e Underfest (do 7 ao 12 de outubro).

A temporada 2021 da marca FEST Galicia suma unha nova incorporación: o festival Vilablues de Noia que se celebrará entre o 1 e 3 de outubro. A marca da Xunta de Galicia patrocina, así, un total de 14 coñecidos festivais e faino nesta edición baixo o lema Un destino musical seguro, no marco da celebración do Xacobeo 21-22.

Trátase dun sector ao que a Xunta de Galicia destina un total de 840.000€ para e que con esta medida dá continuidade a iniciativa posta en marcha hai catro anos para promover unha serie de eventos caracterizados pola calidade das súas propostas e a profesionalidade na súa organización, ademais de por achegar valores engadidos á experiencia musical relacionados co turismo, o medio ambiente, a cultura, o patrimonio e a concienciación social.

Os eventos adheridos a esta iniciativa, a partir da convocatoria publicada o pasado mes de xuño, son Atlantic Fest en Vilagarcía de Arousa, Caudal Fest en Lugo, Festival de la Luz en Boimorto, Maré Compostela, PortAmérica (nova localización en Portas), Resurrection Fest en Viveiro, Revenidas en Vilagarcía, 17º Ribeira Sacra Festival en Chantada, Monforte de Lemos e Sober, Sinsal Son Estrella Galicia na illa de San Simón (Redondela), SonRías Baixas en Bueu, Underfest en Vigo, Vive Nigrán, WOS Festival x Son Estrella Galicia en Santiago de Compostela e Vilablues en Noia.

Para a adhesión á marca dos devanditos 14 festivais tívose en conta tanto a súa traxectoria e a calidade das súas propostas artísticas e actividades paralelas, como a súa implicación cos territorios nos que se celebran e as boas prácticas empresariais. As medidas para a redución do seu impacto medioambiental e para avanzar na igualdade, así como o seu compromiso cos artistas e grupos galegos, foron tamén elementos determinantes nesta selección.

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar