Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

Image Alt

Obxectivos

FEST GALICIA é a marca creada pola Xunta de Galicia para promocionar o territorio galego como destino musical, baixo criterios de calidade e sustentabilidade social. A marca acolle a festivais que funcionan de xeito profesional e que se preocupan por achegarlle valores engadidos á experiencia musical. E faino a través de todo o que transmiten, tanto na súa oferta de actividades como na súa xestión e organización.

Obxectivos da marca

Posicionar os festivais

Crear valor engadido nos festivais galegos e posicionalos como un produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes

Crear un destino musical

Proxectar Galicia como destino musical.

Promocionar os festivais

Promocionar os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade

Poñer en valor a industria

Poñer en valor as industrias culturais e creativas

Vertebrar o territorio

Vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e medioambiental

Informar sobre boas prácticas

Facer visibles as boas prácticas que sirvan como referencia para o sector

Confluír coa estratexia estatal

Confluír coas políticas e estratexias estatais no ámbito do turismo de festivais

Coordinar a Administración

Conectar todos os departamentos da Administración galega relacionados con calquera dos ámbitos que abarca cada festival: turismo, xuventude, igualdade, medioambiente, calidade...

Manter un diálogo co sector

Construír a marca en diálogo permanente co sector

Os 4 piares da estratexia

Sinerxías entre turismo musical e cultural

O turismo musical representa unha oportunidade para un maior desenvolvemento do turismo cultural. Tamén para o posicionamento dos principais festivais de música galegos como axentes xeradores de importantes impactos económicos e sociais no territorio.

Elemento diferencial da oferta turística e cultural de Galicia

Os festivais galegos foron consolidándose e singularizándose. Hoxe están preparados para constituírse como un elemento diferencial da oferta turística e cultural de Galicia. Son diversos, teñen calidade, son creativos, proxectan unha imaxe de modernidade, son integradores e impulsan o crecemento económico do país de forma equilibrada.

Dous grandes piares: talento e paisaxe

O éxito dun festival descansa sobre dous grandes piares. Dunha banda, o talento e a capacidade de risco dos promotores para escoller cartel artístico. Outra parte fundamental do éxito é a paisaxe como gran contedor da experiencia turística. Por iso, é necesario promover produtos ligados a unha imaxe de calidade.

Parámetros de calidade

A marca debe poñer unhas regras de xogo que permitan avanzar no marco duns parámetros de calidade para conquistar o futuro turístico que queremos para Galicia.

Medición de impacto

Fest Galicia realiza estudos de impacto económico, social e mediático nos festivais adheridos á marca. A finalidade é obter datos sobre o retorno directo, indirecto e inducido que estes eventos xeran en cada territorio. As medicións son realizadas por un equipo consultor integrado por varias persoas expertas do ámbito universitario. Teñen como resultado un informe de avaliación que serve como punto de partida para traballar sobre medidas que redunden nos valores de sustentabilidade social e medioambiental que a marca promove.

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar