Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

Fest Galicia

Publicada a convocatoria de adhesión á temporada 2020 de FEST Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de adhesión á terceira temporada da marca FEST Galicia, dirixida a festivais profesionais de música que se celebren entre o 1 de xuño e o 30 de setembro deste ano. Dáse así continuidade a esta iniciativa da Xunta para promover o turismo musical de acordo con criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social, que este ano aumenta ata os 460.000 euros a dotación destinada ao patrocinio do conxunto dos festivais asociados.

Con este incremento, superior ao 31% respecto do orzamento de 2019, a Consellería de Cultura e Turismo busca consolidar e impulsar esta vía de colaboración con festivais considerados estratéxicos para o sector, inserida á súa vez no programa cultural de promoción do Xacobeo 2021. Este apoio económico materializarase na sinatura de contratos de patrocinio cos eventos que reúnan unha serie de criterios definidos na resolución conxunta da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, publicada hoxe no DOG.

Os pregos de condicións xerais e técnicas deste ano inclúen unha serie de novidades en canto aos requisitos que deben cumprir os festivais interesados en formar parte da nova temporada de FEST Galicia, entre as que destacan a obrigatoriedade de incluír un mínimo de seis artistas de Galicia en cartel e a disposición dun plan de igualdade e sustentabilidade. Os solicitantes deben reunir, así mesmo, outra serie de condicións relativas ao seu orzamento e solvencia económica, programación e venda de entradas, redución do impacto medioambiental ou cumprimento da normativa en materia de espectáculos públicos, entre outras.

Prazo de solicitude
As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento: CT302A) nun prazo de 20 días hábiles, contados a partir de mañá xoves 9.

A finalidade de FEST Galicia é promover un turismo musical sustentable, liderado por festivais estratéxicos para a nosa Comunidade dentro dunha iniciativa transversal na que se implican varios departamentos da Xunta de Galicia. O ano pasado presentáronse baixo esta marca 12 citas musicais das catro provincias: PortAmérica (Caldas de Reis), Resurrection Fest (Viveiro), Atlantic Fest (A Illa de Arousa), Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia (Illa de San Simón, Redondela), 17º Ribeira Sacra (Monforte de Lemos, Sober, Castro Caldelas, Ribas de Sil e Nogueira de Ramuín), SonRías Baixas (Bueu), Revenidas (Vilagarcía de Arousa), Cantos na Maré (Pontevedra), Festival de la Luz (Boimorto), Caudal Fest (Lugo) e WOS Festival (Santiago de Compostela).

Como parte desta iniciativa conxunta, acolleron nas súas edicións de 2019 unha serie de accións, obradoiros e campañas de concienciación a prol da igualdade e da prevención da violencia de xénero, do uso do galego, do respecto medioambiental ou do fomento de valores positivos para a xuventude, que tiveron o seu epicentro no stand da marca. Ao tempo, avanzouse na medición do impacto económico e social dos festivais FEST Galicia, que o ano pasado recibiron preto de 245.000 visitas, das que un 18% eran de fóra de Galicia, e deixaron un impacto económico estimado nuns 23 millóns de euros.

-Acceso á tramitación electrónica

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar