Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

Conselleiro Roman Rodriguez e David Mendez stand Fest Galicia Resurrection Fest

Román Rodríguez destaca o carácter internacional do Resurrection Fest ao recibir asistentes de 44 países

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou o carácter internacional do Resurrection Fest, ao recibir visitantes de 44 países e tendo en conta que o 56% dos asistentes son de fóra de Galicia.

Así o avanzou o representante da Xunta na súa visita esta tarde ao festival que hoxe pecha a súa 14ª edición e no que o Goberno galego está presente a través de FEST Galicia, a marca coa que está a promover o turismo musical sustentable e de calidade e que este ano se desenvolve co lema Festivais que fan camiño.

Para esta nova edición de FEST Galicia, deseñouse un espazo de difusión renovado e versátil que actúa como epicentro dunha serie de actividades e campañas de concienciación social e medioambiental, que no caso concreto do Resurrection están sendo impulsadas a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Cultura e Turismo, que coordina todas as accións.

Ademais, a marca da Xunta tamén lle dá soporte ao Chaos Stage, o escenario que acolleu as actuacións dos grupos gañadores do concurso RF Band Contest 2019 by FEST Galicia.

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar