Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia? Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

O conselleiro Román Rodríguez na inauguracion do Festival Ribeira Sacra

Román Rodríguez destaca o gran apoio do festival 17º Ribeira Sacra á candidatura como Patrimonio Mundial

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, destacou o gran apoio que lle ofrece o festival 17º Ribeira Sacra á candidatura desta zona a Patrimonio Mundial da UNESCO, dado que favorece a promoción nacional e internacional dun espazo que cualificou de “único”.

Neste sentido, o titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia definiu este evento como diferente, singular e moi atractivo, posto que ademais de organizarse ao longo de dous fins de semana e en seis concellos diferentes, celébrase nunha contorna “dunha riqueza patrimonial e paisaxística enorme, que se integra no propio festival”.

ribeira sacra festival regina viarumValorou tamén o oportunidade que ofrece este evento para dinamizar a zona da Ribeira Sacra desde o punto de vista turístico e cultural. Ademais, lembrou que a tramitación do expediente BIC (Ben de Interese Cultural) da Ribeira Sacra avanza a bo ritmo tras catro meses de exposición pública e despois de realizar unha vintena de xuntanzas con todos os axentes implicados. Nestes momentos están en fase de estudo as alegacións presentadas. Cómpre lembrar que esta proposta súmase á candidatura de Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas, que xa foi incluída na lista indicativa da UNESCO como paso preceptivo para que sexa declarada Patrimonio Mundial.

Con motivo dos actos do festival, o conselleiro participou nunha viaxe en catamarán xunto co presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; co director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, así como con varias institucións e empresas patrocinadoras do evento.

Marca Fest Galicia
O festival 17º Ribeira Sacra celebra a súa segunda edición co apoio da marca da Xunta Fest Galicia para levar a cabo unha programación musical repartida en dúas fins de semana e en seis concellos da zona. Os días 27, 28 e 29 de xullo, a actividade estará concentrada en distintas localizacións dos municipios lucenses de Monforte de Lemos, Sober e Chantada; mentres que os días 4 e 5 de agosto desenvolverase nos concellos ourensáns de Nogueira de Ramuín, Castro Caldelas e A Teixeira.

Pola súa singularidade e polos seus valores específicos da súa oferta, que integra música e patrimonios arquitectónico e natural, este festival é membro de Fest Galicia, a marca posta en marcha este ano pola Consellería para promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social.

A adhesión do 17º Ribeira Sacra a Fest Galicia –na que están asociados un total de 10 festivais de verán que funcionan de xeito profesional e que se preocupan por achegarlle valores engadidos á experiencia musical tanto na súa oferta de actividades como na súa xestión e organización– supón distintas accións de visibilidade da marca a través dun apoio en réxime de patrocinio.

En concreto, Fest Galicia estará presente neste evento a través da difusión de información sobre os eventos que forman parte da marca e dando soporte aos autobuses que ofrece o festival para reforzar a aposta polo transporte público como mellor opción de mobilidade. Así, disporanse vehículos que transportarán os espectadores e espectadoras aos lugares dos concertos, entre eles o que está especialmente apoiado por Fest Galicia e que se sitúa no recinto do Castelo de Castro Caldelas.

Emprazamentos singulares
Durante esta primeira fin de semana están programadas actuacións en diversos emprazamentos da Ribeira Sacra lucense como o catamarán de Doade, as adegas Regina Viarum, Algueira e Vía Romana; o mirador de Santiorxo, a Praza de España de Chantada e o Parador de Monforte. Os días 4 e 5 de agosto, o festival trasládase á parte ourensá, con concertos no catamarán e no Parador de Santo Estevo, na Reitoral de Gundivós e no Castelo de Castro Caldelas, onde o escenario Fest Galicia acollerá os recitais de Sés, Los Hermanos Cubero e Nastasia Zürcher.

A programación iniciouse hoxe cun concerto sorpresa e con Gloria, Ghost Beast, Morgan e The Harvesters. Na xornada de mañá están no programa Elvis Perkins, Tulsa, Mujeres, Ten Fé, Fuckaine, Woods, Coque Malla, Puerto Candelaria e Freedonia. O domingo 29 será a quenda de Bifannah, De Vacas e Holly Miranda. Na segunda fin de semana, o sábado 4 está reservado para Mounqup, Ele, Sés, Los Hermanos Cubero e Nastasia Zürcher; en tanto que o domingo 5 haberá outro recital con protagonistas sen desvelar e como actividade de clausura, que terá lugar na Reitoral de Gundivós.

Ademais de 17º Ribeira Sacra, forman parte de Fest Galicia PortAmérica, que se celebrou do 5 ao 7 de xullo en Caldas de Reis; Resurrection Fest, que tivo lugar entre o 11 e o 14 de xullo en Viveiro; Atlantic Fest, celebrado na Illa de Arousa entre o 20 e o 22 de xullo; Sinsal Son Estrella Galicia, que se celebra na Illa de San Simón (Redondela) tamén esta fin de semana (26 ao 29 de xullo); SonRías Baixas, en Bueu do 2 ao 4 de agosto; Festival de la Luz, en Boimorto do 7 ao 9 de setembro; e WOS Festival, que pechará o ciclo do 12 ao 16 de setembro en Santiago de Compostela.

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar