Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

Image Alt

A marca

Que é

FEST GALICIA é a marca creada pola Xunta de Galicia para promocionar o territorio galego como destino musical, baixo criterios de calidade e sustentabilidade social. A marca acolle a festivais que funcionan de xeito profesional e que se preocupan por achegar valores engadidos á experiencia musical. E faino a través de todo o que transmiten, tanto na súa oferta de actividades como na súa xestión e organización.

Manual de uso da marca

En función do seu uso, a marca ofrece unha variedade cromática, que se reflicte nas seguintes mostras.

Obxectivos da marca

Posicionar os festivais

Crear valor engadido nos festivais galegos e posicionalos como un produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes

Crear un destino musical

Proxectar Galicia como destino musical.

Promocionar os festivais

Promocionar os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade

Poñer en valor a industria

Poñer en valor as industrias culturais e creativas

Vertebrar o territorio

Vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e medioambiental

Informar sobre boas prácticas

Facer visibles as boas prácticas que sirvan como referencia para o sector

Confluír coa estratexia estatal

Confluír coas políticas e estratexias estatais no ámbito do turismo de festivais

Coordinar a Administración

Conectar todos os departamentos da Administración galega relacionados con calquera dos ámbitos que abarca cada festival: turismo, xuventude, igualdade, medioambiente, calidade...

Manter un diálogo co sector

Construír a marca en diálogo permanente co sector

Os 4 piares da estratexia

Sinerxías entre turismo musical e cultural

O turismo musical representa unha oportunidade para un maior desenvolvemento do turismo cultural. Tamén para o posicionamento dos principais festivais de música galegos como axentes xeradores de importantes impactos económicos e sociais no territorio.

Elemento diferencial da oferta turística e cultural de Galicia

Os festivais galegos foron consolidándose e singularizándose. Hoxe están preparados para constituírse como un elemento diferencial da oferta turística e cultural de Galicia. Son diversos, teñen calidade, son creativos, proxectan unha imaxe de modernidade, son integradores e impulsan o crecemento económico do país de forma equilibrada.

Dous grandes piares: talento e paisaxe

O éxito dun festival descansa sobre dous grandes piares. Dunha banda, o talento e a capacidade de risco dos promotores para escoller cartel artístico. Outra parte fundamental do éxito é a paisaxe como gran contedor da experiencia turística. Por iso, é necesario promover produtos ligados a unha imaxe de calidade.

Parámetros de calidade

A marca debe poñer unhas regras de xogo que permitan avanzar no marco duns parámetros de calidade para conquistar o futuro turístico que queremos para Galicia.

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar