Que é
FEST GALICIA é a marca creada pola Xunta de Galicia para promocionar o territorio galego como destino musical, baixo criterios de calidade e sustentabilidade social. A marca acolle a festivais que funcionan de xeito profesional e que se preocupan por achegar valores engadidos á experiencia musical. E faino a través de todo o que transmiten, tanto na súa oferta de actividades como na súa xestión e organización.

Integradora e sostible
A marca Fest Galicia nace da necesidade de crear un sentimento de pertenza e participación en algo máis grande que un grupo de festivais concretos. A súa cor verde simboliza a sostibilidade, pero tamén o equilibrio, a valentía e a diversión. No seguinte vídeo móstranse os elementos que compeñen a marca, que pretende ser dinámica e en constante movemento, como a música que flúe en cada festival.
Variantes cromáticas da marca
En función do seu uso, a marca ofrece unha variedade cromática, que se reflicte nas seguintes mostras.


