Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Séguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

Jacobo Sutil de Agadic visita Vive Nigran 2020 - Fest Galicia

Vive Nigrán abre a temporada FEST Galicia 2020, que este verán acolle 13 festivais de música co apoio da Xunta

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo, Jacobo Sutil, visitou este mediodía os preparativos da montaxe do festival Vive Nigrán, o primeiro en celebrarse dos 13 que conforman o programa FEST Galicia para 2020 e que contan cun apoio económico de 400.000 euros por parte Xunta para os concertos e accións que levarán a cabo durante todo o verán.

Jacobo Sutil na súa visita ao Vive Nigran 2020 - Fest Galicia

Jacobo Sutil na súa visita ao Vive Nigran 2020.

Acompañado por Juan Rivas, director do festival, Jacobo Sutil percorreu o novo recinto do evento nas pistas de tenis das dunas de Gaifar, próximo a Praia América, no que hoxe pola tarde e maná sábado se desenvolverá Vive Nigrán 2020 Picnic-Club Edition coa Xunta de Galicia como principal patrocinadora. Será un formato reducido e adaptado á nova realidade, cos recitais de Annie B. Sweet e Rufus T. Firefly, e outras actividades. Ademais do Vive Nigrán, forman parte de FEST Galicia este ano Sinsal Litoral SON Estrella Galicia, Festival 17º Ribeira Sacra, MicroSonRías, Atlantic Fest/FestGalicia Xacobeo 2021, Resurrection Fest 2020 Online Edition, Revenidas en conserva, WOS Talks X FEST Galicia, Cantos na Maré/Compostela na Maré, Underfest SON Estrella Galicia, Festival de la luz/Reencuentros de la luz, Noites de Caudal e PortAmérica/Talento galego para levar.

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar