Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia? Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

17º Ribeira Sacra Festival 2018

Fest Galicia apoia o 17º Ribeira Sacra con actividades de concienciación, un estudo de impacto e o patrocinio dun escenario

 FEST Galicia estará presente no festival 17º Ribeira Sacra, que arranca mañá a súa terceira edición en distintos concellos das provincias de Lugo e Ourense situados nas beiras do Sil e do Miño. Do 18 ao 20 de xullo haberá concertos e actividades en localizacións de Monforte de Lemos, Sober e Chantada; e na segunda fin de semana, os días 26 e 27, o festival terá escenarios en Castro Caldelas, Ribas de Sil e Nogueira de Ramuín. O 17º Ribeira Sacra volve contar por segunda ocasión co patrocinio da Xunta como un dos 12 encontros adheridos á segunda temporada de FEST Galicia, a marca creada pola Administración autonómica para promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social.

As medidas de apoio desta iniciativa transversal, que este ano se presenta baixo o lema Festivais que fan camiño, son adicionais á convocatoria anual de subvencións, de próxima resolución. A marca contará cun espazo propio de difusión, renovado e versátil, que funciona como epicentro dunha serie de actividades e campañas de concienciación social e medioambiental. No caso concreto do Festival 17º Ribeira Sacra, este posto estará instalado nas adegas Regina Viarum, en Sober, e as campañas que acollerá serán impulsadas polas Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería de Política Social, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Cultura e Turismo, que coordina todas as accións.

Contratos de patrocinio

Ademais do 17º Ribeira Sacra, o calendario de FEST Galicia 2019 comprende os xa celebrados Resurrection Fest e PortAmérica, e as citas que restan de aquí a setembro: Vive Nigrán, Atlantic Fest, Sinsal, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz, WOS Festival, Cantos na Maré e Caudal Fest, estes dous últimos como novas incorporacións. Formar parte de FEST de Galicia, suponlles acceder ao reparto de 350.000 euros cos que está dotada esta iniciativa, a través da sinatura de contratos de patrocinio.

No caso do 17º Ribeira Sacra a marca da Xunta dálle soporte tamén a un dos escenarios do evento, que estará situado no Parador de Monforte de Lemos e acollerá os concertos de Marem Ladson, Jonathan Wilson, Kevin Johansen e Los Enemigos. O festival contará así mesmo con Soledad Vélez, Enric Montefusco, Jacobo Serra, McEnroe, Papaya, Delafé, Geométrica, Champs, Alberto & García, Cora Velasco, Blanco Palamera, María José Llergo, Os Amigos dos Músicos, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Benxamín Otero & Germán Díaz, Aldaolado e Allova. A programación complétase con catas musicadas, experiencias gastro-enolóxicas, showcookings, rutas e visitas.

Ademais da carteleira musical, outra das citas que terá lugar no marco do festival é o I Foro Territorios patrimonio, para contribuír á promoción da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

Sensibilización medioambiental

O espazo FEST Galicia albergará o sábado 20 un punto informativo de Medio Ambiente, no que persoal especializado lles transmitirá aos asistentes a importancia de adoptar un comportamento ecoconsciente. Neste sentido, elaborouse un Manual de eventos sustentables no que se reflicten medidas para ter en conta a Axenda 2030 e os seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable: fomento do uso do transporte público e compartido, consumo de produtos alimenticios locais, ecolóxicos e de comercio xusto, e optimización do uso de auga e enerxía, reducindo o consumo eléctrico e promovendo a utilización de enerxías alternativas. Por outra banda e en colaboración coas entidades xestoras da recollida de residuos, organizarase o servizo de contedores para a separación de residuos durante as datas de celebración do festival.

Igualdade

O ámbito da igualdade centra tamén varias das accións desta segunda temporada FEST Galicia, que apoia tanto a programación musical planificada con perspectiva de xénero como a incorporación de mulleres nos equipos de traballo, ademais de accións en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade dentro da na campaña AgresiónOff: Eu digo non á violencia sexual. No 17º Ribeira Sacra, persoal formado neste ámbito difundirá o Decálogo contra a violencia sexual: dez cousas que tes que saber para informar sobre como actuar en caso de agresións, ao tempo que se instalarán tótems coas mensaxes da campaña. Ademais, o venres 19 desenvolverase o obradoiro Machismos Off, no que as persoas asistentes terán que identificar conductas machistas que asumimos como habituais e visibilizalas nunha pizarra como primeiro paso para loitar contra elas. Tamén poderán comentalas a través das súas redes sociais cos hashtag #MachismosOFF #FestGalicia2019.

Galego e xuventude

O uso da lingua é outro dos ámbitos no que FEST Galicia segue a traballar nesta edición en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O obxectivo é convidar a xuventude a se relacionar de xeito responsable co medio e a facelo en galego. O venres 19 o comunicador Víctor Grande animará a mocidade a que achegue as súas ideas sobre actuacións de dinamización do uso da lingua galega. Realizarase tamén o concurso Pasa a palabra no que ademais de divertirse e adiviñar verbas en galego, os mozos e mozas participantes terán oportunidade de facerse con sombreiros e bolsas, ademais de optaren a unha bicicleta eléctrica, que se sorteará entre todas as persoas gañadoras de cadanseu festival ao final da temporada.

O sábado desenvolveranse outras accións dirixidas á mocidade, entre elas unha actividade lúdico-formativa na que se farán preguntas sobre Galicia en diferentes disciplinas marcadas nunha ruleta. A medida que as persoas participantes vaian acertando preguntas conseguirán diferentes premios como pulseiras, camisetas ou bolsas de tea. O persoal da Rede Galega de Dinamización Xuvenil será o encargado de desenvolver este xogo, ao tempo que ofrecerá información sobre os diferentes programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Estudo de impacto

Ademais, FEST Galicia desenvolverá en 17º Ribeira Sacra un estudo a través de enquisas ao público, co fin de obter datos sobre o retorno directo, indirecto e inducido do festival no seu territorio. As medicións serán realizadas por un equipo consultor integrado por especialistas do ámbito universitario e terán como resultado un informe de avaliación, que servirá como punto de partida para traballar sobre medidas que redunden nos valores que a marca promove. O ano pasado leváronse a cabo os do Resurrection Fest, PortAmértica, Sinsal, SonRías Baixas e Revenidas, aos que este ano se engaden, ademais do de Ribeira Sacra, os de Atlantic Fest, Vive Nigrán, Festival de la Luz, Wos Festival e Caudal Fest. 

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar