Que é Fest Galicia?

É outra forma de facer festivais. Queres coñecer outra forma de vivir a experiencia?

Coñece a marca Fest Galicia

Evently

Síguenos en

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

sonrias baixas estudo impacto

Fest Galicia cifra en 1,14 millóns de euros o impacto económico do SonRías Baixas

Fest Galicia presentou hoxe os resultados do informe de avaliación do impacto económico e social do SonRías Baixas de Bueu, segundo o que o festival xerou un impacto de 1,14 millóns de euros na comarca do Morrazo e tivo unha ocupación media superior ao 85%, con 21.800 visitas rexistradas durante os seus tres días de celebración.

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), impulsou este estudo no marco das accións desenvolvidas ao abeiro da marca creada este ano pola Xunta para promover Galicia como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social.

Un equipo de traballo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) foi o encargado da recollida e tratamento dos datos, conseguidos a partir de 1.261 enquisas durante a 16ª edición do festival, celebrada entre o 2 e o 4 do pasado mes de agosto, así como das cifras manexadas pola organización. Así o explicou Jacobo Sutil, director da Agadic, na presentación que tivo lugar no Museo Massó e na que tamén participaron Félix Juncal, alcalde de Bueu; Jordi Lauren, director do SonRías Baixas, e Fran Núñez, codirector do estudo.

O festival, que rexistrou e 21.800 visitas durante os tres días, tivo como perfil de asistente máis común o dunha muller nova, de 18 a 24 anos, galega e estudante, que acudiu ao evento en grupo e atraída prioritariamente pola súa programación musical.

Gasto medio
Tendo en conta tanto a mocidade como a situación laboral do público medio, resulta especialmente relevante a cifra de gasto por persoa e día que, como subliñou o director da Agadic, se aproxima aos 43 euros.

Sutil incidiu, así mesmo, en que o devandito impacto económico de 1,14 millóns de euros na comarca supón un retorno de entre 3,14 e 3,61 euros por cada euro investido polo festival. Aclarou, ademais, que estas cifras increméntase no caso da achega da Xunta a través das subvencións da Agadic a festivais profesionais de música, situándose entre 38,6 e 44,52 euros por cada euro dos preto de 23.500 adxudicados este ano ao SonRías Baixas, un dato que –nas súas palabras– dá conta da optimización do investimento público neste tipo de eventos.

A valoración dos asistentes, que lle conceden a esta 16ª edición unha nota de 7,8 sobre 10, é outro dos datos salientables do informe. Así, na puntuación dos servizos superan o 8 sobre 10 a localización e integración na contorna, a puntualidade dos concertos, o sistema de compra de entradas e mais o trato do persoal. Estas notas esténdese tamén aos intanxibles e ao impacto social: mellora o coñecemento da localidade (8,94) e a súa imaxe (8,06), atrae turismo (865) e xera impacto económico (8,94) e orgullo local (8,03).

Na presentación, afondouse así mesmo no sistema de medición empregado: Avaliación 360º, unha metodoloxía pioneira e orixinal, que Fran Núñez desenvolveu na súa tese de doutoramento e que se detalla nun manual editado este mesmo ano pola Agadic. Xunto co SonRías Baixas, estase a empregar tamén para medir o impacto doutros catro festivais dos 10 adheridos este ano a Fest Galicia: Sinsal, PortAmérica, Resurrection Fest e Revenidas.

En Bueu, o grupo de traballo da USC formou parte do equipo de Fest Galicia desprazado ao recinto do festival, onde a marca patrocinou os concertos dun dos escenarios e as pulseiras cashless, ademais de difundir diferentes campañas de concienciación en colaboración coas secretarías xerais da Igualdade e de Política Lingüística da Xunta.

Redacción dun manual de boas prácticas
Como adiantou o responsable da Agadic, a elaboración deste informe é o punto de partida para o deseño de novas medidas que redunden nos valores que Fest Galicia promove, como é o caso daredacción dun manual de boas prácticas para os eventos asociados, que abranguerá os ámbitos legal, medioambiental, laboral etc. e cuxos traballos previos serán presentados mañá en Pontevedra.

En estreita relación con esta medida, a medio prazo desenvolverase un selo distintivo que recoñeza e lles dea visibilidade aos festivais musicais galegos organizados con criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade. Así mesmo, será de moita utilidade no inicio dos traballos cara á elaboración dun plan estratéxico para este importante sector musical, de novo en colaboración directa cos seus representantes.

Se segues navegando por este sitio e daslle a aceptar, significa que estás dacordo co uso de cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar